Tuesday 14 de May de 2024

Novos columbarios no cemiterio do Valado


 

O investimento desta obra ascende a algo máis de 39.500 euros

O cemiterio municipal do Valado conta cunha nova construción. Trátase de catro módulos con 32 columbarios cada un (128 en total) construídos en granito. O importe total desta obra ascende a 39.567,19 euros.

O deseño dos columbarios é de corte tradicional, perfectamente integrado co contorno, con materiais e solucións construtivas similares aos módulos xa existentes no cemiterio. Cada un deles sitúase sobre unha soleira rectangular de formigón armado.

José Luis Martínez Sanjurjo e Ana Soneira, alcalde e primeira tenenta de alcalde en funcións do Concello de Ordes, supervisaron no día de onte o remate desta obra.